Venres (día 19) as 20:00 h conferencia no Casino a cargo da psicóloga carballiñesa Tania Rodríguez Canitrot

A segunda conferencia do ciclo aniversario terá lugar o venres 19 de abril de 2024 as 20:00 horas no salón de actos do Casino do Carballiño. A ponencia corre a cargo da psicóloga carballiñesa Tania Rguez. Canitrot.
Precisamente, na actualidade un dos retos máis complicados para as nais e pais é saber establecer normas e límites aos seus fillos e fillas. A misión de Tania será ensinarnos unha serie de trucos para conseguilo dunha forma respetuosa e axeitada. Non perdas a oportunidade de asistir e esperámoste!