A tenda OzocoGz acolleu o pasado venres unha nova presentación literaria acompañada por música. Neste caso tratouse da nova creación de “Caixa B”, de Jorge Emilio Bóveda. Contaron coa participación dos músicos David García Gándara e Valkaisser.
“Caixa B” é unha novela que se pode considerar novela negra pero que ten moito máis no seu interior. O seu autor considera que este tipo de presentacións pasan ao seguinte nivel cun novo aliciente para o público.