O Concello do Carballiño solicita unha partida de 50 composteiros para entregar ás familias

O Concello do Carballiño ven de solicitar unha partida de 50 composteiros para entregar a familias residentes neste municipio.

Asimesmo, no momento da entrega dos composteiros impartirase un curso de formación.

AVANTAR ACTIVIDADES

Os requisitos para participar son:

– Ter a primeira residencia no Concello do Carballiño

– Ter un mínimo de 50m2 de horta ou xardín

– Compromiso de facer un uso responsable do composteiro e a destinalo única e exclusivamente a súa finalidade de tratamento dos residuos orgánicos

– Non ceder a terceiros en ningún caso e por ningún título nin de forma onerosa nin gratuíta os materias subministrados polo concello

– Aceptar calquera labor de supervisión destinada a comprobación do emprego dos materiais proporcionados, que serán levadas a cabo polos responsables designados polo concello.

– Aceptar participar no programa de seguimento e visitas domiciliarias para monitorizar o proceso de compostaxe coa finalidade de recibir a formación necesaria para tratar os restos orgánicos do meu domicilio e obter un abono orgánico

As solicitudes se recollen e presentan na área de Medio ambiente do Concello do Carballiño, en horario de 8:30 a 14:30 horas. Desde o 2 ata o 20 de maio