Venres, 26 ás 18.00 h no Salón de Actos da Biblioteca-Casa da Cultura
CONTA CONTOS (Rede Galega de Bibliotecas-Ler Conta Moito)
“ONDE VIVEN OS MONSTROS” de CARMEN DOMECH
Público: infantil a partir dos 3 anos Duración: 50 min.
Entrada: de balde
Con motivo da celebración do día do libro (23 de abril), a biblioteca municipal a través do programa de animación á lectura LER CONTA MOITO da Xunta de Galicia, presenta unha proposta dinámica a través dun contacontos e despois da función trataranse aspectos como o desafío da frustracións, a rabia, a incomprensión ou o temor ao rexeitamento.
SINOPSE
Adaptación do clásico de Maurice Sendak, acompañada de pequenos contos monstruosos. “Onde viven os monstros”: Max crea na súa habitación un mundo imaxinario onde é libre. Na súa aventura desafía aos seus propios medos, a rabia ou o temor ao rexeitamento.
“O monstro de cores”: Baseado no libro de Anna Llenas.
O monstro precisa un pouco de axuda para identificar as súas emocións e descubrir que situacións poden levalo a ser un monstro de diferentes cores.
“Monstros na comida”: Ao chegar a casa coa compra do supermercado, descubrín asombrada que tiña monstros na comida.
Uns graciosos monicreques van saíndo de diferentes comidas para contarnos quen son e por que non queren estar alí.
Nesta historia, chea de humor e diversión, Max crea na súa habitación un mundo imaxinario onde é libre. Libre mesmo para ser monstro, o máis monstro de todos. Na súa aventura, desafía aos seus propios medos, a frustración, a rabia, a incomprensión ou o temor ao rexeitamento. Finalmente, atopar en falta o amor da súa nai faino regresar a casa e comprende que sempre hay que respectar aos demais.
Traxectoria de Carmen Domech
Comezou a súa andaina na animación á lectura en 1987. Membro fundador do Seminario de Animación a la Lectura y Literatura Infantil de la C.A.M., organizou conferencias e cursos de literatura infantil.
Realiza contacontos e obradoiros en colexios, bibliotecas e centros cívicos e compatibiliza estas actividades coa súa faceta titiriteira e a publicación de obras de dinamización lectora.
Enlace vídeo promocional: https://youtu.be/-D2JukUy9a4