A 61ª edición da Feira do Viño do Ribeiro foi presentada esta mañá na delegación da Xunta en Ourense. Comeza a conta atrás para un evento senlleiro e a unha terra de tradicións e esforzo. Os viños do Ribeiro teñen gran sona e tradición milenaria. Este ano a feira desenvolverase do 3 ao 5 de maio, con 36 bodegas e colleiteiros. A feira mantén o formato, con algunha novidade, detallada polo presidente do Consello.
O alcalde, César Fernández, destacou a importancia de poñer en valor un ano mais o esforzo e traballo detrás do seu motor económico.
Dende a Xunta, ademais de dar a noraboa por unha edición máis con pregoeiro de honra, destacaron o afán por querer seguir apostando polo sector vitivinícola e pola creación de emprego e apoio á eficiencia.