Os senadores por Ourense do PP plantexaron a pregunta cuxa resposta por parte do Ministerio descarta a construción da autovia



A posibilidade de construír unha autovía entre O Carballiño e Pontevedra, unha idea xurdida do Pacto de Pedre, queda descartada polo Ministerio de Transportes e Movilidad Sostible.
O Executivo central “non contempla” a construción deste vial, que xubilaría a perigosa N-541. Nun escrito enviado ao Senado, o Goberno sinala que “existen itinerarios” que permiten esta comunicación por vías de alta capacidade “a través da AP-9, A-52 e AG-53”
Asi queda descartada a proposta efectuada polos alcaldes deste pacto municipal, creado polos rexedores dos concellos atravesados pola N-541 por mor do accidente dun autobús en Pedre (Cerdedo-Cotobade) na Noiteboa de 2022. Faleceron sete persoas. Os municipios fundadores son o pontevedrés de Cerdedo-Cotobade e os ourensáns de Boborás, Beariz, Maside, Punxín, O Irixo e O Carballiño. Posteriormente, uniuse o Concello de Pontevedra.