Luis Menor aplaude as iniciativas privadas de mobilidade con selo ourensán que promoven un modelo sostible

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, asistiu esta mañá no Hotel OCA de Allariz, á saída da ruta de presentación de vehículos Mobify, onde aplaudiu as iniciativas privadas de mobilidade con selo ourensán.

Luis Menor felicitou aos responsables desta empresa que veñen de “cuadriplicar a súa flota e, polo tanto, tamén a súa capacidade de servizo de mobilidade na provincia baixo un modelo sostible”. Ademais, o presidente provincial lembrou que tamén incorporaron as novas tecnoloxías á xestión deste servizo a través dunha app que precisamente foi desenvolvida na provincia “que dá boa conta do talento ourensá”.

AVANTAR ACTIVIDADES

O presidente puxo en valor a importancia de contar cunha empresa netamente ourensá que opera nun sector de crecente demanda, “e que coa chegada da Alta Velocidade resulta aínda máis esencial contar cun servizo de mobilidade adecuado para ofrecer aos nosos visitantes”.