O proxecto raia termal dota o mundo rural de oportunidades de futuro

Os socios no proxecto POCTEP Raia Termal celebraron hoxe no municipio portugués de Melgaço a Xornada de Peche na que valoraron positivamente a cooperación transfronteiriza e conviñeron en confirmar que os territorios con potencial en termalismo e natureza dotan ao mundo rural de oportunidades de futuro.
No acto, desenvolto nas Termas do Peso, estiveron presentes os presidentes
da CHMS e da Deputación de Ourense, José Antonio Quiroga e Manuel Baltar,
respectivamente, e o presidente da Cámara Municipal de Melgaço, Manoel Batista,
actuando como anfitrión. Por outra banda, desculpou a asistencia o cuarto socio no
proxecto, Manuel Tibo, presidente da Cámara Municipal de Terras de Bouro.

Tamén referiu actuacións orientadas a protexer e valorizar espazos naturais que
complementen a oferta de lecer asociada ao turismo termal transfronteirizo, entre as que
destacan, na parte española, a zona para autocaravanas en Bande, a sinalización
do “Roteiro Termal de Cortegada”, a construción de Represa desmontable, pasarela
peonil no río Caldo e ciclovía en Lobios e o carreiro a Illa de Pazós en Muiños.
Así mesmo, no territorio luso destacou a limpeza da liña de auga en termas do
Peso, a restauración arbórea do parque termal e a colocación de contedores
subterráneos no municipio de Melgaço, e a recuperación ambiental e acceso ao río
do Gerês, en Terras de Bouro.
En canto á xestión conxunta e promoción do destino, explicou o deseño de varios
produtos turísticos que combinan os diferentes recursos e servizos do territorio
transfronteirizo, como reforzo da oferta actual.
Como complemento ás explicacións, reproducíronse vídeos promocionais que
mostran con claridade as calidades e potencial do territorio Raia Termal, baixo
o slogan “Calma a túa sede de viaxar”, imaxes que están a disposición na web
https://www.raiatermalou.com/.

AVANTAR ACTIVIDADES


Como acto central e conclusións da xornada, os presidentes das Entidades socias
tiveron a oportunidade de valorar positivamente os resultados obtidos e de expor
a posibilidade de continuar o ronsel de coordinación e cooperación entre os territorios
raianos.
“É importe resaltar o valor social e económico do sector termal e visibilizar a
importancia da actividade económica que xera” explicou José Antonio Quiroga,
presidente da CHMS e xefe de filas do proxecto.
“Os POCTEP son un instrumento financeiro que permite mellorar as contornas fluviais
como complemento ao valioso patrimonio natural e cultural presente no territorio
raiano”, concluíu Quiroga