O campionato Xunta de Galicia de karting arrinca con récord de participación na Magdalena

O Campionato Xunta de Galicia de Karting, unha das modalidades con maior
crecemento arrinca esta fin de semana no circuito da Magdalena en Forcarei con
récord de participación.
En total serán máis de 70 equipos os que estarán presentes no inicio dun certame
composto por catro probas e que terá en Forcarei a continuación do éxito do pasado
ano.
Desta forma, os equipos inscritos, varios deles de fora de España, comezarán a
actividade durante o sábado, no que poderán rodar para atopar os reglaxes ideais para
o domingo. Ademáis, como ven sendo habitual, os deportistas máis xóvenes de Galicia,
os pre-rookies, farán acto de presencia, nunha modalidade participativa e non
competitiva.
Xa para o domingo, turno para as carreiras. Dende as 9:15 horas, os equipos
comezarán cos adestramentos libres, para posteriormente afrontar os oficiais e as dúas
carreiras, co fin da xornada marcado para as 15:30 horas coa entrega de premios aos
mellores clasificados.