A Agrupación Municipal do PSdeG-PSOE de Ourense participa na tradicional Festa dos Maios

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A Agrupación Municipal do PSdeG-PSOE de Ourense participa na tradicional Festa dos Maios cunha creación chamada ‘Ourense infinito’ e en cuxa elaboración colaboraron integrantes da mesma e de Xuventudes Socialistas

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Neste maio florido
Ourense está de festa
a poesía de copla vístese
e con infinita ilusión chega.


E con infinita ilusión chega
o maio do PSdeG
entre flores e carrabouxos
as nosas coplas imos cantar.

As nosas coplas imos cantar
neste día de lecer
temos moito que dicir
sobre o que está a acontecer.


Sobre o que está a acontecer
na nosa bela cidade,
tanta tolemia
xa non hai quen a pare.


Xa non hai quen a pare,
mentres isto acontece,
sen termas, sen cultura,
a cidade esmorece.


A cidade esmorece
e a outros non lles vai mal,
co alcalde e os seus asesores
no goberno municipal.


No goberno municipal
entra e sae xente,
todos sen ideas
do que facer por Ourense..


Do que facer por Ourense
nos plenos preténdese falar
máis o noso Alcalde manda
a todo o mundo calar.


A todo o mundo calar
pois iso non lle vale para nada,
só impórtanlle as redes
e a orquestra Panorama.
.
A orquestra Panorama
e todos os festexos,
que o reciban entre aplausos
para enaltecer o seu ego.


Para enaltecer o seu ego
di o señor alcalde
quen queira cultura
que veña e a pague.


Que veña e a pague
como os servizos sociais
e o comedor sobre rodas,
xa todo dálle igual.


Xa todo dálle igual,
non se para en nada,
compra autobuses
que logo os aparca.

Que logo os aparca
como as concesións
que están en precario
sen visos de solución.


Sen visos de solución
a UPO tamén está,
centros cívicos desmantelados
e servizos municipais a pechar.


Servizos municipais a pechar
mentres chega o AVE
traendo moita xente
máis iso de pouco vale


Máis iso de pouco vale,
non serve para nada
se os museos están pechados
e as termas abandonadas.


As termas abandonadas,
o centro histórico caendo,
pobre “Bela Auria”
está esmorecendo.


Está esmorecendo,
e quedando sen cartos,
xa non hai para nóminas,
nin para pagar contratos.


Nin para pagar contratos
das poucas cousas que se fan,
pero para paparotas
para iso si que hai.


Para iso si que hai
e isto haino que mudar,
se queremos unha cidade
onde prosperar.

Onde prosperar
e vivir con alegría,
con mellores servizos
e maior economía.


Maior economía,
e cultura ata o infinito,
merece moito a pena
loitar por todo isto.


Loitar por todo isto
é o que este maio fai,
para traer decencia á política,
pois isto é do que vai.


Isto é do que vai,
e así temos que rematar,
coa ilusión de que nos leas
e que che fagamos reflexionar.


Que che fagamos reflexionar
en todo o que está dito
para conseguir no futuro
un OURENSE INFINITO.

PUBLICIDADE