Rosendo Fernández acompaña ao capitán de navío Stephen McGlory da Royal Navy, na visita á exposición sobre o Rexemento Zamora 8 en Ourense

VISITA Á EXPOSICIÓN DO ZAMORA 8. O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, acompaña ao capitán de navío Stephen McGlory da Royal Navy, agregado militar da embaixada británica en Madrid, que visitará a exposición “Regimiento Zamora 8. Militares en Ourense”. No Centro Cultural da Deputación. Tamén participan na visita Afonso Vázquez-Monxardín Quirós (Curador da Exposición), Jesús Antonio Peñas Precker (Subdelegado de Defensa en Ourense), Javier Taboada de Zúñiga (Coronel de Artilleria retirado), José Manuel Zapata Paz (Tenente Coronel da Subdeltación de defensa de Ourense), Gonzalo Ferreiro (Subtenente da Mariña e colaborador da Expo) e Javier Freire (Colaborador da Expo e fotógrafo).
II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, acompañou esta mañá no Centro Cultural Marcos Valcárcel, ao capitán de navío Stephen McGlory da Royal Navy, agregado militar da embaixada británica en Madrid, na súa visita á exposición “Rexemento Zamora 8. Militares en Ourense”.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Na visita tamén participou o subdelegado de Defensa en Ourense, Jesús Peñas; o coordinador da exposición, Afonso Vázquez-Monxardín; e o coronel de artillería retirado, Javier Taboada de Zúñiga, bisneto do antigo coronel do Rexemento, Modesto Salgado Díaz, que cedeu material á exposición.

O Agregado Militar tivo a oportunidade de volver a Ourense, logo de estar aquí no pasado mes de setembro na xura de bandeira, para coñecer de primeira esta exposición que amosa tamén os lazos que uniron o Rexemento co seu país, xa que os reis de Inglaterra Eduardo VII e Jorge V, foron nomeados coroneis honorarios do Rexemento Zamora 8 a principios do século XX, “posiblemente pola conexión entre o mundo británico que hai con Coruña, Ferrol e Vilagarcía, que era onde a flota británica paraba no seu camiño cara a India”, explicou Vázquez-Monxardín.

Pola súa parte, Stephen McGlory destacou a “boa relación” que existe entre ambas Forzas Armadas afirmando que “temos moitas actividades conxuntas e somos aliados que estamos a operar en toda Europa, polo que ter máis información sobre este lazo histórico é importante para recoñecer a fortaleza desta relación entre o Reino Unido e o exército español”.

Durante a visita, o coronel Taboada fixo entrega ao Agregado Militar da embaixada británica en Madrid, dun dossier coa correspondencia epistolar que mantivo o seu avó co Palacio de Buckingham naquela época e que amosa a boa relación que existía entre o Rexemento e o Reino Unido.

“Rexemento Zamora 8. Militares en Ourense” pode visitarse no Centro Cultural ata o 12 de maio

A exposición, que poderá visitarse ata o 12 de maio, enmárcase dentro das actividades organizadas pola Deputación en colaboración coa Subdelegación do Ministerio de Defensa en Ourense, para conmemorar o 80 aniversario da chegada a Ourense desta unidade. Está composta por unha serie de 14 paneis e de obxectos que están relacionados coa historia do Rexemento Zamora 8 e tamén da historia militar da provincia, desde o mundo castrexo e romano á actualidade.