O’Potiños celebra o día 26 de maio “Pon unha foto na rúa”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Un ano máis, a Asociación O Potiños quere contaxiar a paixón pola arte da fotografía a todos os veciños, veciñas e visitantes do Carballiño. A entidade cultural, en colaboración co Concello, organiza unha nova edición de “Pon unha foto na rúa”, que se desenvolverá o domingo 26 no corazón da vila. Está previsto que na Praza Maior, en horario de 10.00 a 14.30 horas, se realicen retratos a todos aqueles que o desexen. As imaxes serán expostas e regaladas aos participantes. Floristería Arual será a encargada da decoración, como noutras ocasións e a Pepa Loba prestará algúns disfraces.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Anunciaron hoxe tamén a posta en marcha dun concurso fotográfico xoven. Buscan atraer á xente nova á fotografía para renovar canteira. Nos centros educativos foron receptivos a este proxecto.

Dende o concello, cada ano validan e recoñecen o traballo feito por este colectivo en prol da cultura do Carballiño. Tamén destacan a aposta deste ano por chegar ao centros educativos e buscar canteira.