Espazo Común acusa ao goberno local de bloquear a ampliación do Espiñedo coa inacción do proxecto

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A formación de Espazo Común acusa ao goberno local de non facer nada para promover a recalificación do chan que rodea Espiñedo e promover así a súa ampliación. O proxecto que presentou o grupo da oposición contou co apoio unánime da corporación en pleno, e afirman que a día de hoxe non se fixo nada para iniciar o procedemento. A súa queixa foi transmitida na seguinte nota:

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

“O pasado 1 de febreiro aprobouse por unanimidade no pleno do Carballiño unha moción de Espazo Común para que se puxera en marcha un Plan Especial de Infraestruturas e Dotacións cuxo principal e máis inmediato obxectivo era acadar unha mellora sustancial nas instalacións do Estadio Municipal de Espiñedo.

O procedemento que podería durar uns sete meses, consistía, entre outras cousas, en proceder á recalificación dos terreos lindeiros co campo de Club Deportivo Arenteiro que pasarían de ser terreo rústico a dotacional deportivo, o que posibilitaría incorporalos e empregalos para a necesaria ampliación e mellora da actual instalación.

Poñendo en marcha o proxecto cando foi aprobado, no vindeiro mes de setembro poderíanse, por exemplo, instalar as tan necesarias gradas e afrontar a tempada que comeza nesas datas en condicións de non dar a lamentable imaxe que se deu en moitos momentos deste ano.

A día de hoxe sabemos que o alcalde nin tan siquera iniciou o expediente correspondente polo que non se fixo nin a máis mínima acción, de xeito que para a vindeira tempada voltaremos a transmitir  unha imaxe moi negativa das instalacións deportivas do noso pobo e perderemos de albergar a moitos afeccionados rivais por falla de espazo.

Club Deportivo Arenteiro é hoxe o mellor embaixador do Carballiño por toda España e a única obriga do Concello é facilitarlle unhas instalacións dignas. Outro desastre máis deste goberno”.