Acotío con Flavia Rodríguez e Dani Filloi organizadores das Xociviga

Esta semana presentabase no concello a programación deste ano, nunhas xornadas que organiza a Asociación Xociviga, que preside Flavia Rodríguez, acompañada na presentación polo vicepresidente, Daniel Filloy,  ambos estiveron no noso espazo acotio falando das novidades para este ano

Amplíase a programación con respecto ao pasado ano cun total de 11 proxeccións, que incluirán cine infantil polas mañas no auditorio, unha proxección no auditorio pola tarde e outra as 23 horas na praza da Veracruz.

AVANTAR ACTIVIDADES

Haberá tamén dúas masterclass, e a xornada de clausura incluirá a proxección das curtametraxes presentadas a concurso, e que como novidade inclúe ademais do xurado oficial un xurado novo integrado por estudiantes de audiovisuais. Por último haberá unha xornada musical na praza da veracruz.

Os organizadores falaron das novidades para a concursa de curtametraxes

Todas as proxeccións serán de balde agás a de El Buen Patrón, na sesión inaugural, que terá o custo de 1 euro.