O CCA do Carballiño mantén informados aos seus asociados

O CCA DO CARBALLIÑO MANTÉN INFORMADOS DAS NOVIDADES NORMATIVAS AOS SEUS ASOCIADOS E AXUDA COA DISTRIBUCIÓN DE MATERIAL DE PROTECCIÓN A TODOS OS ESTABLECEMENTOS

Dende a asociación do Centro Comercial Aberto do Carballiño ofrecen información detallada a todos os asociados das novas medidas que atinxen ao comercio e que van xurdindo durante esta fase de desescalada.

AVANTAR ACTIVIDADES

VIDEO

Ademáis estanselles facilitando mascarillas, pegatinas informativas das medidas de seguridade e xel hidroalcoholico. Tamén nestes días están repartindo a todos os establecementos do Carballiño unhas pantallas de protección que foron producidas e doadas pola Plataforma Galicia – EscudoCovid19, una iniciativa solidaria de ámbito nacional, coordinada en Galicia pola Universidad de Vigo e Asime (Asociación de Industriales Metalúrgicos de Galicia), a través do Centro de Investigación Tecnológico-Industrial (CINTECX) e do Campus de Especialización Vigo Tecnolóxico, ca participación de máis de 20 empresas galegas. Esta plataforma donou unha partida a Deputación de Ourense que a súa vez entregou 3800 pantallas a Federación de comercio de Ourense