Todo preparado para o día grande do Carballiño e da Festa do Pulpo

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Todo preparado no Carballiño para o seu día grande. Este domingo, día 11, como manda a tradición no calendario cada segundo domingo de agosto, o parque municipal acolle a miles de persoas, tanto de España como de fora. Nesta xornada teremos pulpeiras e tabernas con outros pratos gastronómicos, bebida e postos de mercado artesanal. Os asistentes poderán desfrutar do tradicional pulpo, tanto no centro da vila como neste espazo. Haberá un xantar oficial para máis dun millar de persoas. Tamén a música será a protagonista.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A partir das 11:00 horas, as charangas animarán a vila. Dende as 12:00 horas ata as 18:00 horas, festival de música e danza tradicional no parque, cos Coribantes, Canta nas Croas, Cantareiras Madialeva e Euskelga. Ás 20:30 horas na Praza Maior, concerto de Amigos do Acordeón Terras de Celanova e ás 23:00 horas, concerto de Óscar Ibáñez & Tribo.

Toda unha xornada festiva para o desfrute de veciños e visitantes que pon o colofón a quince días de actividades para todos os públicos.