O Carballiño sobe tamén hoxe catro casos novos, para situarse nos 41 positivos de covid-19

O Carballiño retoma a suba de contaxios. Nos últimos días os datos soben de xeito moderado, aínda que a tendencia xa amosa preocupación. Hoxe as cifras ascenden ata os 41, catro máis ca onte. A comarca sobe os casos totais coma consecuencia, ascendendo ata os 54.

O foco preocupante, pola idade dos pacientes, segue na residencia da Virxe da Saleta, en San Cristovo de Cea, co segundo brote rexistrado neste centro que se iniciou xa fai preto dun mes. A día de hoxe presenta unha boa evolución, xa que baixou de novo outros dous casos para facer un total seis.  

AVANTAR ACTIVIDADES

Maside sobe hoxe dous casos, logo de varios días libre de coronavirus. Boborás e O Irixo manteñen dous casos activos cada un. Punxín mantén un contaxio e Piñor queda libre de coronavirus, xunto con Beariz e San Amaro.