HABILITACIÓN DE TELÉFONOS PARA CONSULTAS DE AUTÓNOMOS E EMPRESARIOS SOBRE AXUDAS, NORMATIVAS E OUTRAS CIRCUNSTANCIAS POLO COVID-19

O concello do Carballiño ven de habilitar dous números de teléfono para que os autónomos e empresarios podan efectuar consultas e pedir información acerca das axudas, normativas e outras circunstancias que atinxan ao sector comercial e empresarial polo covid-19.

Estes teléfonos estarán atendidos por dúas orientadoras laboráis do departamento de Orientación Laboral do concello, que serán operativos de luns a venres, agás festivos, en horario de 09,00 a 14,00 h.

AVANTAR ACTIVIDADES

Os teléfonos son os seguintes:

-662920641, que será atendido por Miriam.

-617851309, que será atendido por Susana.

Esta próxima semana tamén se habilitará unha dirección de correo electrónico, que terá a mesma finalidade.

Trátase dunha inciativa enmarcada na campaña de apoio ao sector comercial, hostaleiro e empresarial do Carballiño, e que foi acordado durante as reunións celebradas estes días pasados con representantes destes sectores.