ASICOTUR organiza estes próximos 25 e 26 de maio de 2022 o seu I Congreso Internacional de Cooperación Turística, que se celebrará en formato híbrido desde Santiago de Compostela, España
A Asociación Internacional para a Cooperación Turística ( ASICOTUR), presidida por Alejandro Rubín Carballo, conta con representación en todos os países de lingua española e portuguesa do mundo. Ademais, ingresou no segundo semestre de 2021 no selecto grupo de Membros Afiliados da OMT e está a desenvolver a súa actividade no 2022 coa implementación de diversos proxectos de cooperación turística internacional.
Dentro desta área de actuación, ASICOTUR celebrará a finais do mes de maio de 2022 o I Congreso Internacional de Cooperación Turística, que terá lugar de forma presencial en Santiago de Compostela (España), podéndose participar así mesmo de forma virtual. Preside o Comité Organizador Mª Carmen Pardo, Secretaria Xeral.
Este foro, o primeiro da súa clase, busca estudar casos comúns e cruzar boas prácticas e proxectos para facer do turismo en África, América, Asia e Europa unha ferramenta de cooperación. Contará con relatores das principais entidades de cooperación e turismo do mundo, así como de diversos países dos catro continentes, para falar da súa experiencia no turismo e buscar como a cooperación pode potencialo.
Ademais das conferencias e mesas de debate, o Congreso de ASICOTUR contará cun concurso científico sobre cooperación turística; consolidando a aposta da Asociación polo desenvolvemento da investigación académica en turismo.
Pódese atopar a información sobre o evento na páxina web da Asociación, https:// asicotur. com/i-congreso/ .