O BNG propón colaborar cas Anpas de Ribadavia para protexer ó alumnado

Na pasada xunta de goberno celebrada o 16 de outubro, presentouse desde o grupo de goberno do PP unha proposta de modificación de créditos ao actual exercicio orzamentario.

Dende o BNG propoñen para ese documento a axuda ás Anpas para actuacións de axuda á infancia e estudantes nas aulas e para facilitar o ensino a distancia: máscaras e material de protección, adquisición de equipos informáticos, instalación de conexións a internet ou purificadores de aire. Piden que se faga a través dunha partida de 15.000 euros.

AVANTAR ACTIVIDADES

Aseguran que levan meses, dende que se iniciou a pandemia, solicitando medidas nesta dirección. Aseguran que a actuación do goberno municipal de Ribadavia, foi a mesma ca da Xunta: que recaia todo o peso no alumnado e as súas familias. Pero recalcan que non van a deixar de insistir.