Luis Menor recoñece o excelente labor realizado desde o Campus de Ourense ao convertirse “nun polo de atracción para investigadores de primer nivel”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O presidente provincial participou na presentación do III Encontro Doutoural de Turismo, organizado pola Facultade de CC Empresariais e Turismo e no que participan doutores e investigadores de 12 universidades españolas

Ourense, 4 de xullo de 2024.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do Campus de Ourense acolle o III Encontro Doutoural de Turismo, no que participan presencial e telemáticamente 130 doutores e investigadores de 12 universidades españolas.

O presidente provincial, Luis Menor, participou na presentación deste encontro académico xunto a José Antonio Fraiz, oordinador do Programa Interuniversitario de Turismo na Universidade de Vigo (Campus de Ourense); Antonio Guevara, coordinador do Programa Interuniversitario de Turismo (decano da Facultade de Turismo de Málaga); Mª Montserrat Cruz, decana da Facultade de C.C. Empresariais e Turismo da U. Vigo; e Susana Reboredo, vicerreitora de Extensión Universitaria da Universidade de Vigo.

Menor felicitou aos organizadores deste encontro onde participan 12 universidades, algo que o presidente provincial loubou como unha grande fortaleza: “non é fácil chegar a acordos e menos implicando a 12 entidades. Estou seguro de que non se coñecen iniciativas similares, nin no ámbito universitario nin en ningún outro terreo. Por iso, o meu máximo respecto por este traballo tan ben feito”, dixo, destacando tamén a idoneidade de centrar unha parte da súa programación na Vía de la Plata, “un dos eixos estratéxicos en materia turística que temos na Deputación”, lembrou..

Tamén falou Luis Menor da importancia do Campus de Ourense para toda a provincia, ao que calificou de “polo de atracción para investigadores de primeiro nivel”, lembrando que no Campus ourensán non só se investiga: “tamén se transfire coñecemento para facer desta provincia un territorio mellor. Grazas a esta excelencia, somos capaces de afrontar retos que noutras circunstancias xamais poderiamos”.

Por iso, recalcou que desde a Deputación “non só nos enorgullece o papel que desempeña o Campus para o desenvolvemento de Ourense. Somos plenamente conscientes de que é un auténtico motor económico, que todo canto invista a administración provincial no Campus terá un retorno de incalculable valor para a nosa provincia. A Deputación será sempre unha aliada de todo canto supoña poñer en valor e dignificar o labor do Campus de Ourense”, proclamou Luis Menor.