O grupo municipal socialista denuncia o desmantelamento e desaloxo do centro de información municipal á muller por parte do goberno de gonzalo pérez jácome

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A portavoz do grupo municipal socialista, Natalia González Benéitez, considera unha “auténtica aberración e afrenta política o peche dun edificio municipal chave en materia de igualdade e loita contra a violencia de xénero

Tamén quedou patente durante as Xuntas de Área que tiveron lugar esta mañá que non existe ningunha alternativa por parte do executivo local de reubicación para a continuidade do programa de conciliación COEDUCA

COMERCIAL ORCELLÓN

Ourense, 14 de maio de 2024. A portavoz do grupo municipal socialista, Natalia González Benéitez, considera unha “auténtica aberración e afrenta política o peche dun edificio municipal chave en materia de igualdade e loita contra a violencia de xénero por falta de vontade e sensibilidade política para acometer obras menores para a eliminación de gas radón”, tal e como puido coñecerse na Xunta de Área de Servizos Sociais que tivo lugar esta mañá.

O goberno local manifestou a súa intención de pechar o CIMM (Centro de Información Municipal ás Mulleres) e proceder ao traslado das súas 4 traballadoras ao 2º andar do edificio municipal da praza de San Martiño, alegando que onde se sitúa a sede actualmente ten pendente de acometer obras para a eliminación do gas radón por un importe aproximado de 200.000 €. Mais o executivo de Gonzalo Pérez Jácome sinalou que ditas obras non se levarán adiante “co pretexto de que para eles as instalacións non son municipais”, explicou a tamén secretaria xeral do PSdeG en Ourense.

A preguntas das socialistas, respondeuse que o traslado se fará “esta mesma semana” pese a falla de idoneidade e da “garantia imprescindible de confidencialidade das novas instalacións para atender as persoas usuarias, maioritariamente mulleres vítimas de violencia de xénero ou en risco de exclusión”, subliña.

Así mesmo, quedou patente durante a Xunta de Área que non existe ningunha alternativa por parte do executivo de Jácome de reubicación para a continuidade do programa de conciliación COEDUCA.

Dende o grupo municipal do PSdeG esixen, tanto ao alcalde como á concelleira Noa Rouco, que se paralice esta decisión política, que se proceda de maneira urxente ás obras precisas para a eliminación do gas radón no edificio –das que son coñecedores dende fai moito tempo–, e que cese o desmantelamento e bailerado da Concellería de Igualdade, que non responde mais que “a súa inquina persoal e incompetencia de xestión”.

O CIMM do Concello de Ourense converteuse nos últimos anos ­–e especialmente durante o mandato do goberno socialista nos anos 2007-2015– nun centro referente no relativo a atención a muller, educación en prol da igualdade e promoción da mesma na nosa propia cidade e na Comunidade Autónoma de Galicia.

“Froito do traballo primero co bipartito e logo co executivo socialista acadouse que a carteira de Igualdade contara cunhas novas e modernas instalacións na rúa do Ensino, que foron inauguradas no mes de marzo de 2011; e se traballou no mantemento tanto de programas asistenciais que xa existían, como na creación doutros novos para a conciliacion familiar ou de promoción e dinamización comunitaria e do tecido asociativo de mulleres; ademais da posta en marcha de ordenanzas, plans, convenios e colaboracións con distintas institucións e organismos a nivel local, autonómico e estatal”, lembrou a portavoz.

Tamén rexeitan den de o grupo municipal o xeito de desentenderse dos minutos de silencio que se realizaban diante da Casa Consistorial e que dende o mes de agosto, co novo mandato de Jácome, deixaron de convocarse sen ofrecer calquer outro tipo de manifestación que amose o rexeitamento institucional contra a violencia de xénero de forma periodica, máis aló do 25N ou o 8M.

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------