O PPdeG agarda que o Goberno central comece polo Corredor Atlántico a reparación da débeda pendente coas infraestruturas galegas

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Os populares insisten en que o Plan Director da rede ferroviaria “gardado nun caixón desde 2019” debe ser “realista e realizable” e esixen o seu cumprimento logo de anos de atrasos e incumprimentos

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Ante a visita a Galicia de Óscar Puente, lembran as súas reiteradas mentiras na chegada dos trens Avril e ironizan coas palabras do propio ministro: “Resulta irónico que o tren máis rápido se demorase tanto”

O Partido Popular de Galicia agarda que o Goberno central comece polo Corredor Atlántico a reparación da débeda pendente coas infraestruturas galegas e reclaman que o Plan Director desta rede ferroviaria que, recordan, “leva gardado nun caixón desde 2019”; sexa realista, realizable e cumprido logo de anos de atrasos e incumprimentos,

Ante a visita de Óscar Puente de mañá, os populares recordan ao ministro que os compromisos do seu departamento con Galicia en materia de infraestruturas están moi lonxe de estar cumpridos. Un incumprimento que exemplifican co acontecido cos trens Avril: “Que cheguen con catro anos de atraso non é para aplaudir nin para dar por saldada a débeda do Goberno central coa nosa Comunidade”.

“Resulta irónico que o tren máis rápido se demorase tanto”, engaden ironizando coas palabras expresadas polo propio responsable do Ministerio de Transportes. De feito, recordan que a compra destes trens foi licitada e adxudicada durante o Goberno de Mariano Rajoy pero “a chegada de Pedro Sánchez á Moncloa supuxo o inicio dos incumprimentos nos prazos de entrega e na súa entrada en operación comercial”.

Cómpre lembrar que, xa nunha resposta por escrito no Congreso en novembro de 2018, o Goberno central sinalaba que “o proxecto está en fase de construción e a entrega dos primeiros vehículos prevese en xuño de 2020”.

Desde o PPdeG denuncian que estes atrasos prexudicaron á economía de Galicia –especialmente ao sector turístico– e continúan facéndoo na medida en que as cidades galegas seguen agardando o cumprimento dos tempos de viaxe comprometidos na liña de Alta Velocidade que, a día de hoxe, só chegou a Ourense.

De aí que celebren a entrada en operación dos novos trens pero continúen reclamando coñecer cantos deles van operar na liña de Alta Velocidade que une Galicia co resto da Península, as súas frecuencias e os seus prezos definitivos.