A Policía autonómica levou a cabo 79 dispositivos na fin de semana

Axentes da Policía Autonómica levaron a cabo na fin de semana un total de 79 dispositivos en 25 concellos galegos nos que foron tramitadas 8 denuncias, a metade por non levar máscara e a outra metade por non respectar o toque de queda. Os controis realizáronse no marco do plan de actuacións específicas destinadas á prevención, inspección e control do cumprimento das medidas adoptadas polas autoridades competentes pola covid-19, e saldáronse con 47 persoas identificadas.

Publicidade

Entre o 9 e o 11 de abril, os axentes realizaron na provincia da Coruña 28 dispositivos nos concellos de Ames, A Coruña, Pobra do Caramiñal, Santiago de Compostela e Teo, cun total de 2 denuncias e 5 identificacións.

Na provincia de Lugo tramitouse unha denuncia e identificouse a unha persoa en 12 dispositivos levados a cabo nos concellos de Chantada, Lugo, O Saviñao e Vilalba.

En canto aos controis levados a cabo pola Policía Autonómica na provincia de Ourense, realizáronse 13 dispositivos nos concellos de Allariz, Ourense, Pereiro de Aguiar, Trasmiras, Verea, Verín e Xinzo de Limia, nos que se tramitaron 4 denuncias e identificouse a 11 persoas.

E na provincia de Pontevedra, nos 26 dispositivos realizados en A Illa de Arousa, Marín, Meaño, Mondariz, Poio, Ponteareas, Pontevedra, Ribadumia e Vigo rexistrouse unha denuncia e identificouse a 30 persoas. 

Estes dispositivos encádranse no seo da colaboración entre as forzas e corpos de seguridade, cada unha no marco das súas competencias.