O Partido Popular de Ourense conmemora o Día das Letras Galegas poñendo en valor e garantindo o futuro da cultura e a lingua galega

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

No Xardín do Posío, xunto ao monumento ao escritor ourensán Valentín Lamas Carvajal, un dos fundadores da Real Academia Galega

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

16, maio, 2024. O Partido Popular de Ourense celebrou esta tarde un acto para conmemorar o Día das Letras Galegas, ao carón do monumento do escritor ourensán Valentín Lamas Carvajal no Xardín do Posío. Un lugar simbólico para conmemorar a data do 17 de maio, rendendo homenaxe a un dos fundadores da Real Academia Galega.

No acto, o presidente da Deputación, Luis Menor puxo de manifesto o compromiso dos populares co galego, “axudando a dar voz aos nosos artistas, actores, escritores e pensadores”, e asegurou que “a cultura e a nosa lingua si teñen futuro”.

Tres membros da organización xuvenil Novas Xeracións de Ourense deron lectura aos poemas A estaciónCidade alta e A amizade de Luisa Villalta, a escritora á que se lle dedican este ano as Letras Galegas.

Para finalizar, a presidenta da Xestora Local do Partido Popular, Victoria Núñez, fixo lectura dun poema de Rosalía de Castro, a primeira escritora homenaxeada no Día das Letras Galegas e cuxa celebración leva a data da publicación do seu libro «Cantares Gallegos» (17 de maio de 1863).