Eduardo Rodríguez, do Festival de Jazz Primavera, a asociación cultural Telón e Aparte e o Concello de Carral, premios Rodolfo Prada á xestión cultural 2024

Reunión do xurado para os premios Rodolfo Prada Chamochín, premios á Xestión Cultural 2024. O xurado está formado por César Fernández Gil, Anxo Lorenzo Suárez, Antonio Piñiero Feijoo, José Manuel Freiría Rodríguez, Aurelio Gómez Villar, Eva Torres Villar, Eva Torres Rodríguez, Olga Mojón Costela, Carlos Lorenzo Pérez e Marcos Vázquez Guzmán.
II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O xurado do certame, instaurado pola Deputación de Ourense para destacar a figura do insigne intelectual ourensán, reuniuse no Centro Cultural Marcos Valcárcel para elixir aos gañadores do certame  

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Xunto cos catro premios destinados a proxectos realizados en cada unha das provincias galegas, o xurado tamén concedeu un premio especial en base á proposta que realizou a Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural para o proxecto “Camino Escena Norte”, organizado polas asociacións Escena Galega, EscenAsturias, Acepae, Eskena e Escena  Navarra 

Ourense, 18 de maio de 2024. 

O xurado do Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2024 reuniuse no Centro Cultural Marcos Valcárcel para avaliar as candidaturas presentadas a este certame, instaurado pola Deputación de Ourense para destacar a figura do insigne intelectual ourensán. Na reunión, o xurado escolleu aos gañadores desta edición de entre as dezanove propostas presentadas ao certame.  

O primeiro premio, para profesionais culturais, dotado con 3.000 euros, recaeu en Eduardo Rodríguez organizador do Festival de Jazz Primavera do Café Latino e que este ano chegará á súa vixésimo sexta edición, convertendo á cidade de Ourense nunha referencia para os amantes deste estilo musical.  

O segundo premio, para persoas voluntarias ou colectivos afeccionados, dotado con 2.000 euros, foi para a asociación cultural Telón e Aparte, que organiza en Carballo (A Coruña) o Festival Internacional de Teatro (FIOT), cun programa comprometido coas artes escénicas e cos proxectos teatrais de máis prestixio ao longo de máis de tres décadas de existencia. 

Finalmente, o terceiro premio, para proxectos culturais, dotado con 1.000 euros, foi para o Concello de Carral, cuxo certame de poesía, que alcanza a vixésimo sétima edición, constitúe un dos eventos literarios máis prestixiosos de Galicia. 

Premios por cada unha das catro provincias galegas 

Ademais dos premios outorgados ao amparo destas tres categorías, o certame tamén entrega un premio de 1.000 euros por cada unha das catro provincias galegas. Pola provincia da Coruña, o xurado acordou conceder o premio á Fundación Eduardo Pondal polo proxecto “Festiletras”, que naceu na aldea do Couto (Ponteceso) no ano 1982, sendo un espazo para todos e un reflexo da tradición cultural galega.  

Pola provincia de Lugo, o premio foi para a Fundación Uxío Novoneyra polo proxecto “Patrimonio Courelao. Enxeñería Ourensana, exemplo da universidade da Galicia Interior”, promovido dende a aldea de Parada, en Folgoso do  Courel. 

En Ourense, a distinción foi para Óscar Penín Romero polo proxecto “Ruralisto”, entorno ao patrimonio e á cultura con especial atención ao rural, lanzado dende a localidade de Loiro (Barbadás). Por último, o galardón destinado a Pontevedra recaeu na Asociación Teatro Compañía Caracol, pola actividade que realizan dende Cambados para promover valores de respecto mutuo, diversidade e paz. 

Premio especial 

De acordo ás bases do certame, o xurado tamén concedeu un premio especial en base á proposta realizada pola Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural para o proxecto “Camino Escena Norte”, organizado polas asociacións Escena Galega, EscenAsturias, Acepae, Eskena e Escena  Navarra, que baixo esta iniciativa de intercambio cultural das artes escénicas programan actividades en máis de sesenta sedes de Galicia, Asturias, Cantabria, Euskadi e Navarra. 

Todos os premios irán acompañados dunha escultura conmemorativa realizada por un artista ourensán, así como dun diploma acreditativo. 

Xurado  

O xurado, presidido polo vicepresidente segundo da Deputación de Ourense, César Fernández, estivo integrado ademais polo director xeral de Cultura da Xunta, Anxo Lorenzo; Marcos Vázquez; Antonio Piñeiro, José Manuel Freiría, Eva Torres e Olga Mojón en representación da Deputación de Ourense; Carlos Lorenzo Pérez, en representación da Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural; Francisco González polaAsociación Cultural Rodolfo Prada;  e Aurelio Gómez Villar como secretario.