Javier Martínez Carracedo e José Antonio Vázquez, vencedores do rallysprint de Silleda

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Javier Martínez Carracedo e José Antonio Vázquez, aos mandos do seu habitual
Renault 5 GT Turbo, foron os vencedores da primeira edición do Rallysprint de Silleda,
segunda proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia da modalidade
celebrado este sábado 18 de maio na localidade pontevedresa.
Cun clima variable e abundante público, o Rallysprint de Silleda deixou momentos de
emoción e igualdade entre os 87 equipos inscritos, nunha xornada que se desenvolveu
sen incidencias de gravidade.
Nos esbaradizos treitos da zona de Silleda, Carracedo e Vázquez non deron opción
aos seus rivais, situándose na cabeza da carreira xa no primeiro treito, posición que
non abandonaron ata chegar ao parque final de carreira cun tempo de 29:18.398.
Ademáis, tamén foron os primeiros clasificados no novo formato promocional do
certame o Trofeo Igol 2 Rodas Motrices. O equipo do GT Turbo aventaxou en 12
segundos aos vencedores da primeira proba, Antonio Fernández “Ventura” e Alberto
González, no Mitsubishi Lancer Evo X R4. Completaron os tres primeiros postos da
clasificación, José Manuel Pazos e David Calvo, no competitivo Ford Fiesta R2.
A continuación situáronse Adrián Campaña e Manuel Raido co BMW M3 e Marco
Lorenzo e Diego Gil, no Peugeot 106.
Dentro dos formatos promocionais, acompañaron no podio da Igol 2 Rodas Motrices
David Lojo e Álex Somoza e Juan José Couceiro e Brais Núñez.
No Desafío Kumho Rallysprint, primeira victoria da tempada para Aitor Fornos e Adrián
Díaz, seguidos de Rubén López e José Ángel Fente e de Rubén Gandoy e Nicolás
Meizoso.
Entre os participantes da modalidade extra, que non puntúa para o campionato, o
mellor equipo clasificado foi o formado por Alberto Nimo e Mónica Álvarez, no Skoda
Fabia R5. O segundo lugar foi para David González e Gustavo Piris e o terceiro para
José Antonio Gómez e Rubén Soto, nun Skoda Fabia R5 e un Citroën Ds3 N5,
respectivamente.
A terceira e derradeira proba do Campionato Xunta de Galicia de Rallysprint terá lugar
o 28 de setembro con motivo do Rallysprint Val de Ramirás