O Instituto de Estudios Carballiñeses foi dado de alta no Rexistro de asociacións na Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o 14 de xuño de 1999. As persoas que asinaron a solicitude daquela iniciativa foron seis, que así abriron un camiño polo que actualmente transitan máis de tres centas.
Durante estes vintecinco anos as actuacións culturais desenvolvidas son incalculables (conferencias, cursos, publicacións, premios…), así como amplas son as colaboracións e relacións con outras asociacións e institucións galegas (Asociación Amigos da Universidade de Vigo, Grupo Aletheia de Filosofía, Cátedra eumesa de Estudios, Ateneo de Ourense…).
Para celebrar este vintecinco aniversario estamos preparando unha programación discreta, pero pertinente, que se vai despregar ao longo do presente ano.
PROGRAMA
1.- Publicacións:
1.1 Poesía inédita de Rafael Melero
1.2 150 anos do nacemento de Antonio Palacios
1.3 Orixe e historia dos Títeres en Galicia
1.4 Número 42 de Ágora do Orcellón con colaboracións especiais dos socios de
Honra do Instituto
2.- Concerto musical do Grupo A Quenlla
3.- Entrega de premios do Primeiro Concurso de relatos curtos convocados polo IEC
4.- Exposición fotográfica das portadas dos 41 números da revista Ágora do Orcellón e
de todos os libros publicados polo Instituto.
5.- Mero Iglesias -fundador de Fuxan os Ventos e do grupo musical A Quenlla- presentará os seus últimos libros:
50 aniversario de Fuxan os Ventos
Breviario breve de devoción popular
6.- Curso de Termalismo, no mes de setembro, en colaboración coa Universidade de
Vigo
7.- O futuro do Carballiño. Un proxecto da vila carballiñesa realizado polos arquitectos
do Instituto de Estudios Carballiñeses.
8.- Guía cultural do Carballiño e Comarca.
9.- VI Premio Ágora do Orcellón.
10.- II Premio Loureiro do Orcellón. Seguramente irán nacendo novas ideas para incorporar a este programa