A corporación do concello do Carballiño reunirase na xornada de mañá xoves en sesión plenaria. Como cada mes, poderase seguir en directo dende as 09:30 horas a través da nosa canle. Neste caso, a orde do día contempla o expediente de accións preparatorias dos contratos de concesión do servizo integral da auga deste municipio. O seguinte punto será unha modificación puntual do PXOM na que se contempla a ordenanza número 9 correspondente a equipamentos e dotacións.
En canto ás mocións dos grupos da oposición, o BNG pide unha promoción maior do turismo activo e en concreto do camiño dos Arrieiros.
Pola parte de Espazo Común levan dúas mocións. Unha delas pide aclarar a situación do servizo de recadación municipal e a outra apoiar aos veciños afectados polas cartas que obrigan ao desbroce das fincas.
Por parte do Partido Popular debaterá sobre a aprobación de subvencións para asociacións e clubes do concellos do Carballiño.