Este venres 31 remata maio e tamén remata a tempada do Cine Club Carballiño, como xa ven sendo habitual estes últimos anos. E para rematar escolleron unha fermosa e vitalista película, a francesa “Una bonita mañana”, dirixida por Mia Hansen-Love, unha habitual na pantalla.
Con unha magnífica Léa Seydoux no papel da protagonista, unha muller cunha filla de oito anos e cun pai que sofre unha enfermidade neurodexenerativa, a película foi recoñecida co Premio de Mellor Película Europea na quincena de realizadores do Festival de Cannes. Os pases serán coma sempre no Auditorio Manuel María do Carballiño, ás 20:00 horas en versión dobrada ao castelán e ás 22:30 horas en versión orixinal en francés con subtítulos en castelán.