O IES nº1 logrou grandes resultados en dous concursos: o Canguro Matemático e a Olimpíada Galega, que se celebrou en Ourense. No primeiro deles conseguiron un cuarto e un oitavo posto nacional. Máis aló dos bos resultados que recolleron, para eles foi unha gran experiencia que recomendan a outros alumnos.
Dende o centro están moi orgullosos coa implicación dos mozos. A dirección do centro respaldou e financiou a cuota de inscrición dos alumnos como apoio para a súa participación.