O cardiólogo carballiñés Eduardo Barge Caballero novo Presidente da Sociedad Galega de Cardioloxía

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A SOCIEDADE GALEGA DE CARDIOLOXÍA, é unha Asociación científico-médica non lucrativa, con personalidade xurídica propia e plena capacidade de obrar, a cal está formada por cardiólogos clínicos e cirúrxicos, médicos en xeral ou calquera persoa con dedicación especial á cardioloxía, preferentemente residentes en Galicia.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Este fin de semana tivo lugar a Reunión anual da mesma e foi elexido Presidente o carballiñés Eduardo Barge Caballero ( FEA de Cardioloxía en CHUAC. Profesor Asociado en USC.)

PRESIDENTES da Sociedad Galega de Cardioloxía


ESTATUTOS DA SOCIDADE GALEGA DE CARDIOLOXÍA

https://badalnovas.com/wp-content/uploads/2024/06/ESTATUTOS-SOGACAR-2.pdf


ARTIGO PUBLICADO EN BADAL NOVAS O 27 DE FEBREIRO DE 2020

Entrevista que se fixo en Badal Novas a Eduardo no ano 2020 coincidindo co Día Nacional do Transplante

Licenciado en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela e Doutor en Medicina pola Universidade da Coruña.
Realizou a súa formación MIR en Cardioloxía no Hospital Universitario A Coruña, centro en cuxa Unidade de Insuficiencia Cardíaca Avanzada continúa exercendo.
Desde o ano 2014, o Dr. Barge coordina un estudo multicéntrico sobre o emprego de dispositivos de asistencia circulatoria de curta duración como ponte a transplante cardíaco en España.
Dirixiu 2 Tese Doutoral e publicou uns 50 artigos en revistas .

Publicacións de Eduardo Barge : No seguinte enlace podemos ver algunhas:

Clic na Imaxe

Na actualidade, o Dr. Barge é fellow e membro do Comité de Insuficiencia Cardíaca Avanzada da HFA da ESC e vogal das Xuntas Directivas da Sociedade Galega de Cardioloxía e da Sección de Insuficiencia Cardíaca da Sociedade Española de Cardioloxía. Ademais, é revisor habitual dalgunhas publicacións científicas como JHLT, JACC e Revista Española de Cardioloxía.

Para Badal Novas é unha honra poder entrevistar ao prestixioso Doctor.