XXVIII Edición dos premios Lois Peña Novo (2024 )

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

ACTA DO XURADO DA XXVIII EDICIÓN DOS PREMIOS LOIS PEÑA NOVO (2024)
Sendo as 12:30 horas do día 30 de maio de 2024 reúnense na Pousada de Soutomaior os membros do xurado da XXVIII EDICIÓN DOS PREMIOS PEÑA NOVO, D. XERMÁN GARCÍA CANCELA, xefe Servizo Tradución Xunta de Galicia -premiado na 1ª edición ano 1995- que actúa de presidente; os vogais D. ANTÓN PIÑEIRO FEIJÓO, xestor cultural concello Celanova e escritor; Dª. DIANA GONÇALVES, directora de cine e guionista (Xuiza Honoraria do Couto Mixto 2022); D. XOSÉ MARÍA LEMA SUÁREZ, escritor, historiador
e etnógrafo; Dª. ANTÍA GONZÁLEZ ÁLVAREZ, técnica xestión Admón. Local e membro da Irmandade Xurídica Galega; actúa de secretaria do xurado Dª. CARME PÉREZ VAQUERO secretaria do colectivo Galeguizar Galicia. Despois de deliberaren sobre as propostas presentadas acordan conceder os premios nesta edición a:
AO CONCELLO DE CARBALLO: polo desenvolvemento dunha política lingüística dirixida ao fomento do uso do galego nun concello cunha poboación de máis de 30.000 habitantes no que existe unha porcentaxe nada desprezable de inmigrantes fomentando deste xeito a cohesión lingüística na cidadanía. Polo compromiso iniciado hai máis de 20 anos coa normalización lingüística na xestión administrativa demostrando que a galeguización
da vida municipal é posible provocando e xenerando un impulso e un clima favorecedor ao uso do galego na sociedade. Suliña o xurado a importancia de accións de socialización do idioma galego que promove de xeito transversal o uso da lingua en distintos estamentos sociais asi como a campaña “ En galego porque si” na que
funcionarios e funcionarias municipais alentan á cidadanía ao uso do galego nas oficinas públicas.
A Dna. MARÍA JESÚS LAGO VILABOA, Xefa de servicio de Traballo Social da EOXI de Vigo. Polo seu compromiso coa contorna e realidade da súa comunidade sendo un referente no eido social como militante activa na xustiza social e os dereitos das persoas. Pioneira e defensora do uso do galego no ámbito sanitario como unha forma de achegarse á cidadanía respectando os valores identitarios do país. Desde o seu posto como Secretaria
Xeral de Benestar Social entre os anos 2005 a 2009 promoveu a aprobación da Lei autonómica de Servizos Sociais que servíu de marco a unha serie de programas dos que ainda hoxe moitos siguen vixentes. Membro do Comité de Bioética da área sanitaria de Vigo é asesora de novas leis como a de “acompañamento aos doentes e familiares ante o proceso da morte”. Suliña o xurado a súa experiencia e compromiso coa lingua galega
que sirve de exemplo a outros moitos traballadores e traballadoras da administración pública galega.
A D. CARLOS PAJARES VALES, Doutor en Física e catedrático da USC. Foi o primeiro Reitor democrático da universidade de Santiago de Compostela durante o periodo 1985-1990 creándose, grazas ao seu traballo, as 3 universidades que existen na actualidade nas que introducíu cambios substanciais como o fomento do uso da lingua galega no eido universitario. Pola súa traxectoria vital e profesional que o levou aos máis altos estándares científicos como Delegado de España no CERN no ano 2008; fundador do Instituto Galego de Física de Al – tas Enerxías do que é investigador emérito ou asesor da U.E. sobre plans de estudo de Física. Suliña o xurado que a pesar de nos ser galego de nacencia inculturizouse na terra defendendo os valores identitarios do país.
E non habendo máis asuntos que tratar levántase a sesión sendo as 14:45 horas do dia indicado no encabezamento asinando ao pé os membros do xurado.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO