A Deputación colabora cos concellos da provincia para a elaboración dos seus respectivos plans de igualdade

Inauguración Xornadas sobre Plans de Igualdade. A Vicepresidente da Deputación Ourense, Marta Novoa Iglesias inaugura as xornadas acompañada da deputada Teresa Barge e do responsable de formación da Deputación Ourense, Carlos Castiñeiras.
II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A institución provincial vén de organizar unha xornada formativa dirixida aos municipios da provincia para explicar de xeito detallado as obrigas nesta materia de cada entidade local e os pasos a realizar para a elaboración e implantación dos seus respectivos plans de igualdade

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A esta xornada, organizada polo departamento de Formación da Deputación coa colaboración de Adecco, asistiron medio cento de participantes de 41 municipios de toda a provincia, xunto coa vicepresidenta primeira e a deputatada de Igualdade, Marta Nóvoa e Teresa Barge, respectivamente

A lexislación estatal e autonómica vixente na actualidade establece a obriga de todas as Administracións Públicas, incluída a Administración Local – Concellos e Mancomunidades – de contar cun plan para a igualdade entre mulleres e homes, ao marxe do número de traballadores que teña cada entidade local.

A Deputación de Ourense que conta xa co seu II Plan de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes para o persoal da Administración Provincial, vén de organizar unha xornada formativa e informativa dirixida aos concellos da provincia para explicar de xeito detallado as obrigas nesta materia de cada entidade local e os pasos a realizar para a elaboración e implantación dos seus respectivos plans de igualdade. Precisamente, a vicepresidenta primeira da institución provincial, Marta Nóvoa, destacou que esta iniciativa parte, precisamente, para cooperar cos pequenos concellos que non teñen os recursos suficientes para facer o seus propios plans de igualdade, “xa que na Deputación traballamos a prol da igualdade durante todos os días do ano, non só os 8M e 25N” 

A xornada, organizada pola la Sección de Formación, Calidade e Avaliación do Desempeño do Servicio de Recursos Humanos e Formación da Diputación de Ourense, realízase coa colaboración técnica de ADECCO, contou con 45 participantes de 41 entidades locais da provincia.  A deputada de Igualdade, Teresa Barge, manifestou que “ter un plan de igualdade é algo fundamental, non só desde o punto de vista imperativo da normativa legal, senón que é unha ferramenta estratéxica que debería ser un eixo vertebrador de todas as políticas das entidades públicas”.