O PSOE do Irixo critica que o alcalde venda como propias iniciativas coma a da área cultural na estación

  • OS SOCIALISTAS DO IRIXO CELEBRAN QUE CATRO ANOS DESPOIS DE QUE SOLICITARAN NUNHA MOCIÓN A ÁREA SOCIO CULTURAL NA ZONA DA ESTACIÓN FERROVIARIA E QUE O PP A REXEITARA, AGORA O CONCELLO RECAPACITE E RETOME A PROPOSTA SOCIALISTA
  • Tamén que se poñan a traballar na outra proposta socialista presentada fai máis de ano e medio (24 de xaneiro de 2019) como A CREACIÓN DUN ESPAZO PARA O ESTACIONAMENTO E PERNOCTACIÓN DE AUTOCARAVANAS NO IRIXO.

O voceiro municipal socialista do Irixo, Iago Fariñas Valiña, presentou o 22 de abril de 2016 unha moción instando ao concello a adquirir mediante cesión ó concello para o seu uso social e cultural as edificacións e o entorno da estación ferroviaria do Irixo. Esta moción foi rexeitada en pleno polo grupo de goberno. A maiores, mais recentemente, o 24 de xaneiro de 2019, o partido socialista presentou outra moción para a creación dun espazo para o estacionamento e pernoctación de autocaravanas no Irixo e neste caso sí que foi aprobada por unanimidade.

A pasada semana o grupo de goberno anunciu que estaba a traballar na creación dunha área de uso cultural, deportivo e turístico, así como unha zona para autocaravanas, na estación do Irixo, logo da súa cesión ao concello. Proxecto que reivindica como propio o grupo municipal socialista despois de solicitalo no 2016 e que o grupo de goberno se negara.

Os socialistas celebran que o seu traballo, e as mais dun cento de propostas achegadas os plenos durante os últimos anos sirvan de folla de ruta para o alcalde do Irixo, Manuel Cerdeira. Pero lamentan a falla de humildade e transparencia do alcalde que aseguran que vende como propias unhas ideas e propostas do grupo socialista.

Publicidade Premer na Imaxe