Video do comezo de curso escolar no Carballiño

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Onte comezaron en Galicia as clases nos ciclos de Infantil, Primaria e Educación Especial para 187.624 alumnos, o que supón 9.180 menos ca no curso 2019/20, o inmediatamente anterior á pandemia, segundo os datos provisionais recompilados polos servizos estatísticos da Consellería de Cultura, Educación e Universidade. Só en centros públicos o alumnado descende en case 6.000 escolares respecto do último curso antes da pandemia.

VIDEO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Respecto do curso 2020/21 a diminución é de 4.832 escolares, 3.363 deles en centros públicos. Neste sentido cómpre lembrar que as cifras de matriculación poden ir mudando ao longo do curso escolar.

No Carballiño tamén comezaron os alumnos de infantil, primaria e educación especial no colexio publico Calvo Sotelo da Uceira, onde os rapaces acudiron cos seus libros, seus lapiseiros e as súas gañas de ver os compañeiros e comezar esta nova etapa na súa aprendizaxe. As medidas anti covid seguen vixentes como nos narraba o director do centro público do Carballiño