Carballiño sobe ata os 109 casos e tamén incrementan os casos Punxín, San Amaro e San Cristovo de Cea

Publicidade ASPADISI

A comarca sobe hoxe o número total de casos activos de coronavirus ata os 170, pola suba que se produciu no Carballiño e en menor medida noutros concellos.

Nesta vila, nos últimos días rexistráronse subas sobre todo polos casos detectados no cribado do domingo. Hoxe os datos volven a subir e o fan ata os 109, catro casos activos máis. Se nos fixamos nos novos contaxios producidos nos últimos 14 días, a cifra baixa con respecto a onte ós 99.

HIPER MASIDE

O seguinte concello da comarca con mais casos é o de Maside, que hoxe baixa ata os 23 contaxiados, un menos ca onte. E despois Boborás, que mantén os 14 casos activos dos últimos días. Neste concello lembramos que a maioría dos casos proceden do brote producido no Fogar Residencial de Brués.

Segue o concello de Cea, que sobe hoxe dos 10 ós 11 casos activos. San Amaro tamén sobe, cun caso máis ata os 4 contaxiados. Punxín sobe tamén, pasando dun so caso activo a tres casos. Os demais concellos manteñen os datos de onte: Piñor conta con dous casos, O Irixo conta cun caso e Beariz conta con tres casos.