O concello recibe á base do C.D. Arenteiro, logo do ascenso á Liga Galega

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Volveron a soar cancións de vitoria do seno do Arenteiro. O seu equipo infantil acaba de rematar unha tempada inmellorable, na que non perderon un so partido dos máis de trinta disputados. E este gran logro rematou con ascenso despois da última vitoria 1-2 fronte A Rúa. Agora, despois dun merecido descanso, comezará a preparación para adentrarse na Liga Galega.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A canteira foi recibida onte no concello do Carballiño polo alcalde, Francisco Fumega e a concelleira de deportes, Silvia Baranda. Acudiron a esta recepción con agasallos incluídos acompañados polas súas familias.

Para o presidente do club, é unha sorte contar cunha base comprometida co presente e futuro deste equipo. Agradeceu tamén a dedicación das familias e especialmente o traballo de Manuel Cid, o encargado de coordinar a base.