Anxo Queiruga renova a presidencia de COCEMFE, entidade estatal representativa da discapacidade física e orgánica

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Máis de cen representantes de entidades estatais, autonómicas e provinciais apoiaron a candidatura de Queiruga por unanimidade.

Este veciño de Porto do Son, afincado en Compostela dende hai máis de trinta anos, continuará durante catro anos máis traballando polos dereitos das persoas con discapacidade.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Tras celebrarse unha asemblea extraordinaria esta mañá en Madrid, o presidente de COGAMI, Anxo Antón Queiruga Vila, renova o cargo da presidencia de COCEMFE (Confederación Española de Personas con Discapacidad Física y Orgánica),

entidade estatal que representa ás entidades da discapacidade física e orgánica en España.

Esta reelección, que contou co apoio unánime das entidades estatais, autonómicas e provinciais convocadas, supón a terceira lexislatura na que Anxo Queiruga continuará no cargo por catro anos máis, converténdose na cabeza visible das máis de 3 millóns de persoas que representa COCEMFE.

 “Continuaremos facendo un traballo incansable dende todas as instancias, baseado no diálogo, en ser propositivos, en levar a nosa capacidade de colaboración e ofrecer solucións”, expresou Queiruga tralo seu nomeamento e engadiu que “non imos dubidar cando se trate de deixar claro que a defensa dos nosos dereitos é inaprazable e ineludible” e “non permitiremos pasos atrás neste sentido”.

Anxo representará, a través de COCEMFE, a máis de 1.600 asociacións en todo o territorio español, que atenden a máis de 2,5 millóns de persoas usuarias, converténdoa na entidade máis representativa da discapacidade en España.

Traxectoria de Anxo

Natural de Porto do Son e afincado en Compostela dende hai máis de trinta anos, inicia a súa primeira toma de contacto co movemento asociativo da discapacidade durante os anos 80 a través da asociación Ámbar da comarca da Barbanza. A partir de aquí, inicia a traballar en COGAMI en 1997, primeiro na área de Administración e logo como coordinador da área de Formación e Emprego, postos que combina co cargo de Vicepresidente, ata que  en 2007, é nomeado presidente de COGAMI e do Consello de Administración de COGAMI Empresarial que representan ás iniciativas de economía social. Foi no ano 2016 cando Queiruga inicia a súa traxectoria como presidente de COCEMFE, cargo que repite en 2020 para volver renovar en 2024 durante catro anos máis.

Que é COCEMFE?

COCEMFE é Confederación Española de Persoas con Discapacidade Física e Orgánica,

unha organización sen ánimo de lucro que nace en 1980 ante a necesidade de traballar na mesma dirección as entidades territoriais para desenvolver políticas dirixidas a garantir dereitos das persoas con discapacidade e mellorar a súa calidade de vida. Está inscrita no Rexistro Nacional de Asociacións do Ministerio de Interior e declarada de utilidade pública.

Desde 1980 ata hoxe, conta con 92 organizacións territoriais e estatais que, á súa vez representan a 1.600 asociacións e a máis de 2,5 millóns de persoas con discapacidade física e orgánica.