Espazo Común pide un reforzo de limpeza de rúas para os meses de verán

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

“Hai xa dous anos que o alcalde Fumega, noutra desas decisións incomprensibles, privatizaba por completo o servizo de limpeza das rúas do noso pobo.

Contratou daquela a dedo a unha empresa que cobra máis de 15.500 € ao mes (186.350 € ao ano) para ter tres ou catro operarios cos cales é materialmente imposible ter as rúas limpas.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A excusa para non facer un procedemento aberto e transparente para a contratación, como obriga a lei, foi que estaban a traballar nos pregos correspondentes.

E así seguimos todo este tempo despois: encadenando contratacións irregulares, cun número insuficiente de operarios e co pobo máis sucio ca nunca.

Proba desto é que preguntados en pleno pola situación o alcale e a concelleira responsable recoñeceron que neses pregos que deben estar moi ben elaborados despois de 30 meses ou máis traballando neles (nótese o sarcasmo), inclúen 7 varredores e dúas máquinas.

Este é o operativo mínimo que O Carballiño precisa para ter as rúas presentables, sería desexable contar con aínda máis efectivos pero xa sería un avance con respecto ao que hai acutalmente.

Visto isto, dende Espazo Común demandamos que se reforce considerablemente o servizo para os meses de verán pois os traballadores actuais non poden afrontar o aumento de carga de tarefa que acarrexan estes meses, con moita máis presencia de xente na rúa e con moitos visitantes no pobo.

Hai postos vacantes na RPT que se poderían cubrir con contratacións temporais e que permitirían reforzar o servizo con moito menos gasto do que hai actualmente”.