Luis Menor aplaude o “excelente clima de deportividade” na final da Copa Deputación e felicita ao Verín CF, campión do trofeo

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O presidente provincial, Luis Menor, aplaudiu hoxe o “excelente clima de deportividade” na disputa da final da Copa Deputación, á que asistiu no campo de O Couto e logo de participar na entrega do trofeo ao equipo campión, o Verín CF. 

 A Copa Deputación 2024 uniu a dous equipos históricos da provincia, Verín CF e CD O Barco, cunha gran masa social de seareiros e potentes canteiras,  que gozaron dun gran encontro no estadio da capital. Luis Menor tamén felicitou ás afeccións de ambos equipos por contribuír a un gran espectáculo deportivo”. 

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O Verín CF é un equipo fundado en 1971, acadou o ascenso directo a Rexional Preferente nesta tempada logo de quedar campión de 1º Galicia. Estivo tamén en 3ª división chegando a xogar unha promoción de ascenso para 2ª división B. Gañou a Copa Deputación en 2007 e 2011. 

O CD Barco foi fundado en 1973, estivo 18 temporadas en 3º división, e agora milita en Rexional Preferente, polo que na vindeira tempada este encontro repetirase como derbi. Foi campión da Copa Deputación en 1980 e 1981.