Tal e como explica o secretario provincial de migracións do PSOE, Luís Gulín Iglesias, “a adaptación constitucional da paga extra nas pensións vai propoñer que sexa no mes de decembro, probablemente uns días antes de Nadal, o momento de abonar esa mensualidade”
A área de migracións do PSdeG-PSOE de Ourense informa sobre as novidades que afectan ao colectivo de emigrantes retornados e aos pensionistas de Suíza, trala aprobación dunha consulta popular a iniciativa de “Por unha vida mellor na vellez”. Trátase dunha iniciativa para unha 13ª pensión AHV e nun primeiro paso, isto consagrará na Constitución Federal que a Seguridade Social helvética pagará unha 13ª pensión de vellez a partir do 1 de xaneiro de 2026.