A Deputación colabora cunha xornada sobre o futuro sostible dos montes que forma parte da programación da Capitalidade de Montaña de España 2024

Presentación da "XII Chandrexa Trail" no Centro Cultural "Marcos Valcarcel". Participan Francisco Rodríguez Rodríguez (Alcalde de Chandrexa de Queixa), Marcos Vázquez Guzmán (Director de Cultura e Deportes da Deputación Ourense), Enríque Álvarez Fernández (Asesor de Deportes da Deputación Ourense), Diego Martínez Ribao (Director da Carreira) e os patrocinadores Marco Vázquez Álvarez e Elias Rodríguez Gómez (Cafés Las Antillas-Campos).
II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O deputado provincial de Representación Institucional, Rosendo Fernández, presentou hoxe, xunto aos alcaldes do Macizo Central, estas xornadas que se celebrarán os días 20 e 21 de xuño en Manzaneda.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A Deputación de Ourense colabora cunha xornada sobre o futuro sostible dos montes organizada dentro da programación da Capitalidade de Montaña de España, recoñecemento que ostenta neste 2024, o Macizo Central Ourensán.O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, presentou hoxe no Pazo Provincial estas xornadas, xunto aos alcaldes de Chandrexa de Queixa, A Pobra de Trives, Manzaneda e San Xoán de Río, Francisco Rodríguez, Patricia Domínguez, Amable Fernández e Xosé Miguel Pérez, respectivamente.Con motivo deste recoñecemento da “Capitalidade de Montaña de España”, que ostentan durante o 2024 estes municipios ourensáns, aprobado por unanimidade pola Comisión Executiva da Asociación EsMontañas, celebraranse unha serie de eventos que servirán para propoñer, a nivel rexional e nacional, análises, debates e reflexións sobre a realidade socioeconómica á que se enfrontan os territorios de montaña no seu día a día.Trala celebración das primeiras xornadas no pasado mes de abril en Chandrexa de Queixa, agora é a quenda para Manzaneda que acollerá este simposio sobre a xestión medioambiental e os casos de éxito de emprendemento, concretamente no que atinxe á creación dun futuro sostible para os nosos montes.Neste sentido, Rosendo Fernández destacou o “compromiso firme” que amosou a Deputación con todo o que supón este recoñecemento, “conscientes do impacto positivo que suporá para estes territorios, tanto no que atinxe a súa proxección como polas actividades divulgativas e de análise que, como a que presentamos hoxe, acollerán ao longo do ano”.Oportunidades para os municipiosO alcalde de Manzaneda, Amable Fernández, quixo agradecer á Deputación, “a alma mater desta iniciativa, sen cuxo apoio non teríamos esta oportunidade”, e explicou polo miúdo o programa previsto para estas xornadas, que se desenvolverán os días 20 e 21 de xuño e abordarán, entre outros asuntos, as compensacións por servizos medioambientais a importancia da gandería extensiva na prevención de incendios, os novos modelos de xestión forestal, a xestión e administración local e o emprendemento dos pobos de montaña. Precisamente, fixo extensible a invitación para acudir a estas xornadas “a todos os que queiran compartir experiencias de vida no noso rural, que nos enriquecerán sen dúbida”.A alcaldesa de A Pobra de Trives, Patricia Domínguez, lembrou a importancia de que estas actividades sirvan para atraer visitantes aos municipios Capitalidade de Montaña, e lembrou que precisamente hai escasos días reivindicaron no Senado “unha lexislacion que discrimine positivamente ao noso rural de montaña, tal e como abordaremos tamén en setembro no congreso que temos previsto de EsMontañas en Trives”.O alcalde de San Xoán de Río, Xosé María Pérez Blecua, reivindicou esta capitalidade “porque somos o altofalante de todos os pobos de montaña de España” e confía en que este recoñecemento sirva tamén para impulsar a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade. Tamén aproveitou para convidar a todos os que asistan ás xornadas de Manzaneda a que queden a fin de semana “e poidan celebrar o San Xoán en San Xoán”.Tamén incidiu na oportunidade de atraer visitantes aos pobos de montaña o alcalde de Chandrexa de Queixa, Francisco Rodríguez, quen lembrou que a fin de semana destas xornadas alberga tamén a Copa Trail de Chandrexa, e puxo en valor a importancia que supón para o municipio este recoñecemento, que se une a outras accións promocionais como a campaña patrocinada por Iberdrola titulada “Vente a vivir a un pueblo”.