I Abrirase ao público a partir de mañá, mércores 8 de setembro, no salón de actos do Concello
I A exposición enmárcase no proxecto «Corrente cultural» que propicia a colaboración entre o Concello de Maceda, ABANCA e Afundación
O Concello de Maceda, ABANCA e Afundación presentan a exposición «Nós tamén fomos emigrantes. Fotografías da Axencia EFE sobre a emigración española no século XX». O acto de apertura terá lugar mañá mércores 8 de setembro, ás 11.00 h, no salón de actos do Concello, e contará coa asistencia do alcalde de Maceda, Rubén Quintas Rodríguez; Mateo Alonso San Román, coordinador institucional de ABANCA en Ourense; Lucía Santás, directora da oficina de ABANCA en Maceda e Beatriz Fernández-Anguiano, coordinadora institucional de Afundación en Ourense e Lugo.
A exposición recolle unha selección de corenta fotografías da emigración, tanto española como galega, procedentes dos arquivos da Axencia EFE. O obxectivo é tratar de achegarnos a esa realidade histórica a través dunha síntese fotográfica das migracións mediante a mirada profesional e humana dos fotoxornalistas da época. Poderase visitar ata o vindeiro 11 de outubro, de luns a venres de 9 a 15.00 h.
Esta colaboración é parte do proxecto «Corrente cultural», que considera a arte como un instrumento imprescindible para fomentar o coñecemento e o desenvolvemento colectivo. Grazas a este proxecto, Afundación, a Obra Social de ABANCA, impulsa a capilaridade da cultura en Galicia, ampliando a oferta artística alén das súas sedes e trasladándoa ás vilas galegas para desenvolver tamén nelas as actividades da entidade.
Evento | Inauguración da exposición «Nós tamén fomos emigrantes. Fotografías da Axencia EFE sobre a emigración española no século XX» |
Lugar | Salón de actos do Concello (Vicente del Bosque, 2) |
Data e hora | Mércores, 08 de setembro ás 11.00 h |
Asistentes | Rubén Quintas Rodríguez, alcalde de Maceda Mateo Alonso San Román, coordinador institucional de ABANCA en Ourense Lucía Santás, directora da oficina de ABANCA en Maceda Beatriz Fernández-Anguiano, coordinadora institucional de Afundación en Ourense e Lugo |