O Centro Sociocomunitario do Carballiño celebrou o pasado venres unha gala de clausura das actividades anuais, con exhibicións dalgunhas das modalidades das actividades impartidas no centro ó longo do curso. Houbo mostras de pilates, bodybalance, teatro, baile, zumba , canto e pandereta e baile moderno. Esta clausura estivo presentada por Alba de Vales, actriz e contacontos da zona.
A súa directora destacou que este ano houbo moita participación en todas as idades. Agora, traballan en actividades de verán con moitas actividades. Tamén están pensando xa no vindeiro curso. O que máis preocupa á dirección é poder conseguir máis prazas e así chegar a todas as persoas que queren ser partícipes deste centro.