Sexto triunfo da tempada para Senra e Murado en Carballiño

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Víctor Senra e José Murado, aos mandos do Citroën C3 WRC, lograron o triunfo no Rallye Comarca do Carballiño, sexta proba puntuable do Campionato Xunta de Galicia de Rallyes.

Senra e Murado foron os mellores durante toda a fin de semana nos treitos ourensáns, co que suman o seu sexto triunfo en outras tantas probas no certame galego.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

No segundo posto, nun final dramático, David González e Gustavo Piris, que escalaron ao segundo posto pola retirada no derradeiro treito de Dani Berdomás e Brais Mirón.

Completaron os tres primeiros clasificados Abel Pampillón e José Lage, logo da descalificación de Jose Lamela e José Ángel Fente. Os cuartos clasificados foron Álvaro Castro Laiño e Isidro Rey, sendo estes segundos os vencedores do Clio Trophy Galicia (primeiros Top Ten C), mentres que quintos foron Gabriel Gándara e Alejandro Vaqueiro, que a súa vez foron segundos neste formato promocional. Terceiros no Clio Trophy Galicia foron Iván e Diego Vázquez.

No Volante FGA, triunfo de Alexis Vieitez e Sergio Fernández, por diante de Diego Camuñas e Lucía Sesar (Primeiro PXP25) e Adrián Torreiro e Pedro Rivas.

Yago Martínez e Álex Alonso foron os vencedores da Sandero Eco Cup Galicia, aventaxando en máis de dous minutos a Diego García e Francisco García e a Santi Pais e Sergio Cancela.

Por último, no Criterium Recalvi, primeiro posto para Adrián Regueira e Nacho Sayáns, segundo para Raúl Delgado e Jonathan Lameiras (Primeiro Beca24) e Daniel Romero e Juan Maceda.