O sábado 29 e o domingo 30 representaranse as dúas últimas obras do Circuíto Galego de Teatro Amador

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

No Carballiño temos unha fin de semana teatreira porque o sábado 29 e o domingo 30 representaranse as dúas últimas obras do Circuíto Galego de Teatro Amador, que co patrocinio da @Xunta de Galicia, coa organización da Fegatea e a axuda do Concello do Carballiño que, coma tódolos anos (e xa van once), argalla Tiruleque, Grupo de Teatro.

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Será as oito da tarde no Auditorio Manuel María. Escoitade Teatro ven con VAMPIROS o sábado e a A. C. T. Catro Gatos con RÍO BRAVO o domingo.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------