O Concello do Carballiño presenta as actividades para este verán, onde a música é a protagonista

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Ca chegada da época estival a vila do Arenteiro convértese nun referente turístico do interior de Galicia, debido ó bo ambiente, a oferta hosteleira e de comercio, as actividadades culturais e,como non, ó carácter internacional da Festa do Pulpo. Este ano, o Concello do Carballiño presenta as diversas actividades que terán lugar durante os meses de xullo, agosto e setembro. O Festival de Música Feito no Carballiño será o encargado de dar a oportunidade ós xovenes artistas da vila no formato habitual, concertos espallados pola vila ás noitiñas das fins de semana,asemade, tamén haberá música tradicional, o Festival das Habaneras,un festival con música dos anos 80 ou un gran concerto do grupo Guadi Galego, entre a oferta musical..

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Este ano, tamén terá o seu oco o Entroido de Verán, que xa conta con numerosas comparsas confirmadas e que darán a oportunidade a moita xente de disfrutar dunha actividade tradicional de inverno, con color, música e diversión. Outra actividade que non podía faltar é o Festival de Títeres,  onde os mellores artistas de Galicia veñen a presentar o seu espectáculo ó público familiar. Ademais, tamén se levarán a cabo numerosas actividades infantís como contacontos, maxia, festa da espuma…tamén haberá outras actividades de interese como o lanzamento da Web Palacios, dentro das actividades de promoción do arquitecto polo 150 aniversario do seu nacemento, ou outras de índole social, como os bailes para maiores no parque ou charlas informativas.

Por outra beira, dende o Concello do carballiño tamén se quere agredecer o traballo dos colectivos culturais da vila que como todos os anos realizan actividades que enriquecen dunha forma notoria a programación de verán, como se pode ver na carteleira, con actividades musicais, de cine,teatro, fotografía ou literatura. 

CONCERTO – ELOS – Marta Bravo e Sérgio Tannus

sábado, 6 ás 20 h na Praza Maior

50 ANIVERSARIO ASOC. CULT. AVANTAR. Organiza Asoc. Cult. Avantar

sábado, 6 de xullo ás 20.30 h no Auditorio

26º CONVIVENCIA DE FAMILIAS DE PERSOAS CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL

Sábado,6 ás 11:30h no Parque Municipal

DOMINGOS DE BAILE PARA MAIORES

De 19 a 21h no Parque Municipal

CONCERTO – PERRITO PILOTO DÚO

domingo, 7 ás 20 h na rúa Principal

ESTREA DA PELÍCULA DE ASPADISI

Xoves, 11 ás 16h e ás 20h no Auditorio

ENTROIDO DE VERÁN

sábado, 13 – ás 20 h DESFILE

– ás 22 h ORQUESTRA GREASSE

DJ TIBU – OS TEMAZOS DUNHA NOITE DE VERÁN (50 ANOS DE MÚSICA)

domingo, 14 ás 20 h na Praza Maior

DOMINGOS DE BAILE PARA MAIORES

De 19 a 21h no Parque Municipal

LANZAMENTO WEB PALACIOS

luns 15

14ª EDICIÓN CINE DE FLORES. Organiza Cine Club Carballiño

16, 17 e 18 ás 22.30 h no Barrio de Flores

martes, 16: Passages mércores, 17: Nubes pasajeras xoves, 18: Las gentiles

CONCERTO – JORGE CERVANTES + SUEÑOS DE ÍTACA

sábado, 20 ás 20 h na rúa Aldara

CONCERTO – COLLAGE

domingo, 21 ás 23 h na Praza Maior

DOMINGOS DE BAILE PARA MAIORES

De 19 a 21h no Parque Municipal

CONCERTO – SEZZ

mércores, 24 ás 20 h na rúa Curros Enríquez

XXX FESTIVAL DE HABANERAS. Organiza Orfeón do Carballiño

sábado, 27 ás 20.30 h no Auditorio

O FESTIVAL DOS 80S E 90S

sábado, 27 ás 20 h no Parque Municipal

DOMINGOS DE BAILE PARA MAIORES

De 19 a 21h no Parque Municipal

MÚSICA GALEGA

PASARRÚAS con FEITIZO DE PAU

xoves, 25 ás 20 h polas rúas da vila

CONCERTO – ALEXANDRE CABANELAS TRÍO

domingo, 28 ás 20 h na Praza Maior

SEMANA GRANDE PARA PEQUENOS

ACTIVIDADES INFANTÍS

Do 30 de xullo ao 2 de agosto, de 19 a 21 h na Praza Maior e Praza da Veracruz