“Coa chegada do período estival aumenta exponencialmente a demanda de actividades de ocio por parte da veciñanza. Sobre todo, do sector máis xoven que procura aproveitar as vacacións de verán ao máximo.
Poderíamos discutir aquí da maior ou menor calidade das actividades anunciadas dende o Concello para estes vindeiros meses pero ise non é motivo desta moción.
Desta volta, queremos centrarnos na tan traída e levada piscina municipal.
Unha infraestrutura que, dada a inversión feita nos últimos anos, debera ser referente provincial e motor de atracción turística e que, coma case todo neste pobo, quédase nun „puido ser e non foi“.
Ás numerosas eivas que presenta e que ocasionan problemas un ano tras outro, temos que engadir a competencia de piscinas situadas ben preto que ofrecen mellores prestacións e por riba de todo de xeito totalmente gratuito.
Esto trae consigo que, no canto de vir xente de fóra á piscina do Carballiño, son os veciños deste pobo os que marchan para disfrutar das de Boborás, Cea, Maside, Oira ou Lalín por poñer só uns exemplos, sen ter que pagar entrada algunha.
Coma sempre tódolos concellos van por diante do noso e descubriron que ofrecendo a gratuidade de acceso, aumentan os visitantes e polo tanto os ingresos directos e indirectos incrementanse tamén por outros camiños.
A ver se o goberno do Carballiño non tarda cinco anos en enterarse como acontece con case todo.
Visto todo o anteriormente comentado,
SOLICITAMOS
- A gratuidade do acceso ás piscinas municipais do Carballiño“.