O sector hostaleiro, asolagado, opina sobre as novas restriccións

O sector máis afectado polas novas restricións é o sector da hostaleira, ademais de ser  o que xa congrega máis persianas baixadas dende as últimas semanas. No Carballiño, o ambiente da rúa mostraba esta mañá un aspecto desolador, aínda que non é nada novo. Na última semana foron unha decena os bares e restaurantes os que se viron abrigados a pechar ó ter contacto cun caso positivo ou presentar un contaxio dentro do seu plantel. Aínda que esta é unha decisión voluntaria, decidiron tomala por precaución e para proceder á desinfección.

AVANTAR ACTIVIDADES

As consecuencias económicas desta situación non tardan en chegar. O sector concorda en que as restricións son duras, pero necesarias. Critican a prohibición en toda a comarca das reunións con non convivintes, xa que estes locais son o escenario das xuntanzas sociais na súa maioría.

En canto ó futuro, “moi negro” é a valoración que máis se escoita. O inverno é unha época difícil en xeral para un sector que vive do turismo estacional.

Son moitos os establecementos que xa aproveitaron as súas redes sociais para mandar unha mensaxe de ánimo a todos os compañeiros que se viron obrigados a pechar ou que están pasando a enfermidade.